Hoxe festexamos o día da Paz no cole facéndolle unha homenaxe a Nelson Mandela. Os elefantes e dinosauros estabamos moi emocionados, sobre todo por bailar a canción de Mandela... Que ben o fixemos!!! Nótase que temos o ritmo no corpo!!!
Pero despois do baile, houbo unha grande sorpresa que non esperabamos... a solta das pombas da paz!!!! Que chulo estivo!!! A mágoa foi o mal tempo e a chuvia que nos acompaña estes días, que nos impediu celebralo coas nosas familias... Esperamos ter máis sorte o ano que ven e poder bailar pola paz todos xuntos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario