jueves, 30 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o día da Paz no cole facéndolle unha homenaxe a Nelson Mandela. Os elefantes e dinosauros estabamos moi emocionados, sobre todo por bailar a canción de Mandela... Que ben o fixemos!!! Nótase que temos o ritmo no corpo!!! 
Pero despois do baile, houbo unha grande sorpresa que non esperabamos... a solta das pombas da paz!!!! Que chulo estivo!!! A mágoa foi o mal tempo e a chuvia que nos acompaña estes días, que nos impediu celebralo coas nosas familias... Esperamos ter máis sorte o ano que ven e poder bailar pola paz todos xuntos!


A MASCOTA DE PAULA

Hoxe tivemos unha visita na clase dos dinosauros.... Paula tróuxonos a súa mascosta Dino, unha lagarta algo tímida que se escondía baixo os troncos da súa gaiola. Paula contounos que Dino descansaba moito, moito, pero cando se movía ía moi rápido, e que lle daba de comer todos os días co seu irmán Álex.
Moitas grazas Paula por compartir connosco a Dino por un dia!!!

ANIVERSARIOS XANEIRO

Este mes celebramos os aniversarios das dinosauras Zaira e Sara e... xa sopramos catro velas!!!! PARABÉNS PEQUERRECHAS!!!!

viernes, 17 de enero de 2014

XA DE VOLTA!

Xa estamos de volta!!!! Que ganiñas tiñamos de vernos, de contarnos os agasallos que nos trouxeron Papá Noel e os Reis Magos e sobre todo... de xogar todos xuntos de novo!!! Mais o ano novo comezou con moita, moita, moita choiva, choiva que nos deixou ir ao patio e poder correr, xogar coas motos e subir aos tobogáns... Levabamos toda a semana desesperados pero, por fin,o venres, o tempo portouse ben e puidemos saír ao parque... Que ansias de correr e xogar ao aire libre. Mirade que ben o pasamos!



Aproveitamos a ocasión para darlle a benvida a un novo elefante que se incorporou esta semana  a nosa selva particular. BENVIDO ROY!!.