domingo, 22 de diciembre de 2013

XA ME TARDAN ESTES MAGOS...

E por fin chegou o gran día!!! A nosa primeira actuación no cole!!! Despois de tantos días de ensaio, puidemos lucirnos ante as nosas familias coas nosas mellores galas de noite... Que guapos estabamos en pixama esperando aos Reis Magos!!!




Esperamos que vos gustara o noso baile e que o pasarades tan ben como nós facéndoo. Se queredes volver a ver a nosa actuación e as dos nosos compañeir@s maiores, podedes consultar o blog de CELECOFRE (premede aquí).
 
Pero o día non rematou aquí... Despois do festival, tivemos unha visita moi especial: a dos Paxes Reais, que levaron as nosas cartas ás súas Maxestades. Puxémonos tan nerviosos, que algúns non puideron conter as bágoas, mais as nosas mensaxes entraron igual no buzón real e xa estarán camiño a Oriente.



E como fin de festa.... unha comilona! Turróns, gusanitos, patacas... Que rico estaba todo! Mirade como nos puxemos!




E por se non queredes aburrirvos e pasar unhas vacacións cheas de libros, aí vos deixamos estas recomendacións de Güino dende a biblioteca para disfrutar cos pequerrechos.

Se tedes algún problema para visualizalo, premede aquí
E agora só nos queda dicir.... FELICES FESTAS A TOD@S!!!!! A disfrutar moito das vacacións, elefantes e dinosauros!!! Vémonos o día 9 de xaneiro coas pilas recargadas.
Un biquiño moi forte das profes.

jueves, 19 de diciembre de 2013

jueves, 12 de diciembre de 2013

A ÁRBORE DE NADAL

Por fin chegou o Nadal ao noso cole!!!! E nestas datas non pode faltar unha bonita árbore...
Moitas grazas familias pola vosa colaboración. Sodes uns verdadeiros artistas!!! Non dubidedes en pasar a vela, merece a pena!

jueves, 28 de noviembre de 2013

APRENDEMOS DE ELEFANTES E DINOSAUROS

Xa fai uns días, as xirafiñas e as tartarugas, estiveron explicándonos cousiñas que aprenderon sobre as nosas mascotas: os elefantes e os dinosauros. Agora xa sabemos moitas cousas novas como que os elefantes están na barriga das súas mamás ata que nacen, pero que os dinosauros saen dun ovo; que os elefantes viven en África e Asia, pero que os dinosauros xa non existen porque lles caeu unha roca do ceo que se chama meteorito... Que de cousas!!! Canto saben os maiores!!! Moitas grazas as xirafiñas, as tartarugas e ás súas profes por compartir con nós toda esta información!!!



 

viernes, 15 de noviembre de 2013

OLLO AO PIOLLO!!!

Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por favor, revisade as cabeciñas dos peques esta fin de semana. Moitas grazas!


martes, 12 de noviembre de 2013

DÍA DO PEÓN

Este luns 11 de novembro como un ano máis celebramos o Día do Peón. Para a maioría de nós era  a primeira vez que xogabamos co peón polo que estabamos moi emocionad@s. Que difícil é facelo bailar !!!. Así foi polo que algúns acabamos un pouquiño "enfurruñados"... A pesar de todo,  foi un día moi divertido. 


Grazas unha vez máis ás familias por compartir este día con nós.

martes, 5 de noviembre de 2013

MAGOSTO

Imos de festa en festa!! Se o martes celebramos o Samaín, o mércores tocoulle ao Magosto. Como era a primeira vez que iamos ao patio dos maiores e que nos acompañaban as nosas familias, estabamos un pouquiño "despistados", pero aínda así, pasámolo moi ben.
Moitas grazas ás familias que compartiron este día con nós.



Se queredes ver o noso baile de novo, premede aquí:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=uPuu2X-3suU


martes, 29 de octubre de 2013

SAMAÍN

Xa chegou o Samaín ao cole!!!.Os elefantes e os dinosauros xa participamos tamén na festa facendo uns fantasmas moi arrepiantes que encheron o noso corredor. Pero sen dúbida o que máis ilusión nos fixo foi traer as nosas primeiras cabazas. Que chulas!!!. Grazas as familias pola súa colaboración, sodes uns verdadeiros artistas. E todo traballo ten a súa recompensa por iso a cabaza do elefante Iago levou o premio a "cabaza máis pequeña" do cole. Parabéns a Iago e a súa familia!!!




domingo, 27 de octubre de 2013

viernes, 25 de octubre de 2013

A PROFE PAULA

  Esta semana temos nova profe... A PROFE PAULA!!!! Mentres que a profe Ilenia está esperando a que naza o seu bebé, Paula vainos dar informática e virá a axudarnos a facer algún traballiño na clase. Estamos moi ilusionados, sobre todo "as Paulas" que teñen nova compañeira de nome.
Aproveitamos para mandarlle un bico enorme á profe Ilenia de parte de tod@s!. Estamos desexando verte co teu bebé!



PREPARANDO O MAGOSTO...

Xa está chegando o día de comer as castañas: O MAGOSTO!!!! Pero os elefantes e os dinosauros non temos un portacastañas para comelas ben a gusto.... Por iso precisamos un brick de zume, leite, ... ben limpiño e cortado pola metade (todas as caras menos unha das máis anchas coma na foto) para poder encher de castañas a nosa barrigola!!

 

miércoles, 23 de octubre de 2013

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

No mes de setembro, celebramos os aniversarios de Elsa, Carla e Iria... MOITAS FELICIDADES, PEQUERRECHAS!



PREPARAD@S, LIST@S.... XA!!!

Ola a tod@s e benvid@s ao noso blog !
A partir de agora este blog pretende ser unha vía de comunicación entre a escola e as familias. A través del irémosvos contando todas aquelas experiencias vividas no día a día dos elefantes e os dinosauros. Lembrade que é un blog aberto a vosa participación. CONTAMOS CON VÓS...!!!.
Aquí tedes un pequeno aperitivo dos nosos primeiros días...



Un saúdo das profes.