viernes, 20 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Hoxe festexamos o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor lucense Manuel María. Os elefantes e os dinosauros xa sabiamos algo deste autor, non só porque esta semana as profes nos recitaron os seus poemas á entrada do cole, senón tamén porque o Día da poesía nós mesmos recitamos un dos poemas do seu libro Os soños na gaiola, titulado "Arco da vella", do que aínda nos lembramos moi, pero que moi ben. Pero hoxe tocábamos escoitar e aprender máis cousiñas da súa vida, traballo que nos ensinaron os nenos e nenas maiores, cunha presentación moi chula.


Despois da presentación, chegou o noso momento. Os nosos representantes, recitaron a poesía que presentamos os nenos e nenas de Infantil ao Certame de Poesía Couceiro Freijomil, que como todos os anos, convoca Güino dende a biblioteca. Este ano a nosa poesía tiña por tíulo "Galicia" e precorría as catro provincias e a capital da nosa comunidade. Fixémolo tan ben, que Güino, de man da profe Ana, deunos un gran agasallo para todos: libros para a nosa biblioteca de aula!!! Grazas Güino!!!!


 Pero o dia non rematou aquí. Despois do recreo tocaba ir a soterrar as nosas palabras favoritas en galego. Fai uns días os elefantes e os dinosauros eliximos a palabra que máis nos gustaba en galego, co fin de enterrala para que alguén a atopara dentro duns anos. Os elefantes eliximos a palabra "Nadal" e os dinos escollimos "grazas", dúas palabras chulísimas! Pablo foi o encargado de poñer as palabras elixidas por todos os nenos e nenas de Infantil na cápsula do tempo coa esperanza de que, como dixeron algúns: "un arquéologo as atope no futuro".


  

LETRAS GALEGAS 2016 on PhotoPeach

E como fin de festa no día da nosa lingua, da nosa fala, unha canción que nos encanta, porque o galego... Meu mundo é!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario