martes, 10 de mayo de 2016

CONTACONTOS KALANDRAKA

Hoxe, ao chegar ao cole, atopámonos con unha gran sorpresa... Patricia e Álex, os nosos contacontos favoritos, viñan hoxe a contarnos miles de historias!!!! Moitos dos elefantes e dos dinos tiñamos aínda no recordo o acordeón de Álex e o Sacapenas que Patricia nos agasallou, e estivemos moi ansiosos esperando a volta do recreo para poder ir á biblioteca. 


Esta vez, Patricia e Álex, contáronnos a historia dun pequeno raposo, ao que todos os animais do bosque consideraban moi pequeno para darlle unha responsabilidade, ata que el demostrou que non importa ser pequeno para ter grandes ideas... lucelús para alumar as súas covas na noite! Pero, ademais, lembraron con nós un dos nosos libros favoritos... A que sabe a lúa? Unha historia de amizade na que puidemos ver que se todos os amigos traballamos xuntos e nos esforzamos podemos chegar á lúa e máis alá!



En fin... Cantamos, rimos e ata coñecemos novos e raros instrumentos: a carraca e a frauta de émbolo!!!!
Que ben o pasamos!
Moitas grazas, Álex e Patricia!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario