sábado, 19 de diciembre de 2015

OS REIS EN BICI!!!

E por fin chegou o gran día... O día de festexar por todo o alto o Nadal. E os elefantes e os dinosauros eleximos ser uns auténticos reis magos, pero uns reis especiais que abandonaron os camelos e convertíronse en ciclistas!!!! (eso si, ciclistas un pouco patosos... ). Iamos ben guapos, non si?


Se queredes ver de novo a nosa gran actuación, premede en CELECOFRE ou na web do cole e poderedes disfrutar non só do noso "meneo" senón tamén doutras actuacións de Nadal dos nosos compañeiros e compañeiras.

Pero o día non rematou aquí. Despois de darlle ao esquelete, viñeron a vernos, nada máis e nada menos que os mesmos paxes reais que levaron as nosas cartas para entregárllelas directamente aos Reis Magos!!!




E xa por último e como guinda do pastel: una gran comilona.... Como nos puxemos!!!! Esto si que é un bo comezo das vacacións!!!




Aproveitamos o blog para desexarvos a todos un BO NADAL!!! Disfrutade moito das vacacións cos elefantes e os dinos, e entrade con bo pé no novo ano. Vémonos no 2016!!!!
Unha aperta moi grande das profes.

lunes, 14 de diciembre de 2015

OS ANIVERSARIOS DE DECEMBRO...

XA TEMOS TODOS 5 ANOS!!
Os pequerrechos das clases, Pablo e Daniela, cumpliron durante este mes de decembro e o celebramos como se merece nas clases cunha boa torta e uns riquísimos zumes.




PARABÉNS PEQUECHOS!! E A CUMPRIR MOITOS MAIS!!

GÜINO RECOMÉNDANOS ESTE NADAL...

Seguro que xa estades escribindo as cartas a Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos así que Güino e o seu equipo propóñennos uns contos e libros do mais entretidos cos que seguro gozaredes toda a familia.

Durante esta semana estarán expostas todas estas recomendacións na biblio para que podades botarlles unha ollada.
Bo Nadal e boas lecturas!!

viernes, 11 de diciembre de 2015

UNHA ÁRBORE DE TRIÁNGULOS

Por fin chegou o Nadal!!! Pero esta festa non é nada sen unha árbore, pero non unha árbore calquera... non, non... un precioso piñeiro de Nadal cheíño de triángulos!!!! A que nos quedou chulo??? Pasade polo corredor e observade o voso gran traballo en familia, a verdade é que merece a pena velo!



Aproveitamos a blog para darvos de novo as grazas pola vosa colaboración, familias!!!!!!!


E que ... VIVA O NADAL!!!!