jueves, 26 de noviembre de 2015

MERGULLÁMONOS NO AQUARIUM!!

O pasado mércores Elefantes e Dinosauros mergullámonos no mar... pero non nun mar calquera, no mar do Aquarium da Coruña!!!! Cantas cousas vimos!!! Tiburóns, estrelas, cabaliños de mar, crsutáceos, polbos, focas e... ata ao propio Nemo!!!! 
Susana, a nosa monitora, ensinounos un montón!!!! Xa sabemos que e como comen as estrelas de mar, como son os tiburóns, cantos anos teñen as focas.. e como funciona un submarino, porque... entramos nun!!!!
Que chulada de excursión!!! Agora xa estamos preparados para ser uns bos e boas capitáns de barco e seguir explorando o mar!!!! 
Comeza a noso viaxe acuático!!!!

jueves, 12 de noviembre de 2015

OUTONO FESTEIRO!!

Que ben o pasamos onte no cole!! Canta festa!! Canto baile!! Canta ledicia!!


E é que onte celebramos no noso cole as festa do Outono: o Magosto e o Peón.

Coincidindo co día de San Martiño, nós tamén sacamos os nosos peóns ao camiño, pero antes de prácticar coas buxainas cargamos as pilas cunha boa enchenta de castañas regadas cun batido de chocolate!!



Magosto 15 - Kizoa Movie Maker


Despois de bailar e xogar un anaquiño comezamos a prácticar a nosa destreza cos peóns. Cada ano o facemos mellor!!


Peón 15 - Kizoa Movie Maker

Deixámosvos os videos do cole para que desfrutedes de novo da celebración:






Moitas grazas a todas as familias por participar e colaborar nestas festas!!

jueves, 5 de noviembre de 2015

XA ULE A CASTAÑAS...

Xa se está chegando o Magosto e con el... as CASTAÑAS!!!! Para poder preparar o noso porta-castañas e poder comelas ben a gusto na festa, os elefantes e os dinosauros necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos os lados menos unha das caras anchas). 


 Moitas grazas pola vosa colaboración!!!