martes, 30 de junio de 2015

BO VERÁN!

E pasiño a pasiño, chegaron as vacacións! Como traballamos este curso, pero sobre todo...que ben o pasamos!!!! Dende setembro ata xuño, exploramos o universo, comemos castañas, fomos rockeiros do bacallau con coliflor, sambeamos a todo Pontedeume, convertémonos en cabaleiros, descubrimos a Picasso, coñecimos un montín de animais raros... e xogamos e rimos un montón!!!!
Disfrutade moito destes meses de lecer, elefantes e dinos, collede forzas e vémonos en setembro.
Un bico moi, moi, moi grande da profe Bego e da profe Nuria.


BO VERÁN!!!!!!!


Aproveitamos a ocasión para agradecervos a vós familias, toda a vosa colaboración durante este curso. É un pracer traballar cos vosos fillos e fillas e este pracer medra sabendo que temos todo o voso apoio e cariño. Pasade un bo verán e vémonos á volta (lembrade que a reunión é o venres 4 de setembro ás 11:00 horas). Un aperta moi forte das profes. 

lunes, 22 de junio de 2015

GRADUACIÓN XIRASOLES E BOLBORETAS!

E chegou o venres... o día da graduación dos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos. Que guapos estaban todos!!!! E que maiores van xa!!!! Os elefantes e os dinos ímolos botar moito en falta no patio, pero antes de que pensamos xa estaremos nós tamén graduados e poderemos xogar todos xuntos de novo no patio dos maiores!!!!

MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA, XIRASOLES E BOLBORETAS!!!!

E como fin de festa... unha gran comilona!!!! Puxémonos as botas, eh! Esta si que é unha boa maneira de darlle a benvida ao verán, non si?





E para rematar, Güino nos deixa estas recomendacións para as vacacións... Gozade de un verán cheo de libros!!!! PREMEDE AQUÍ

jueves, 18 de junio de 2015

ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO

Este mes celebramos aniaversarios das elefantas Andrea e Paula, e dos dinos Efrén, Iago e Paula. MOITAS FELICIDADES!!!!

DE FESTA EN FESTA!!!!

Xa chega o final de curso... E esta semana foi a tope de festa!!!! Empezamos o luns cunha xornada de xogos populares que rematou na xa mítica tómbola de premios!!!! Que ben o pasamos con xogos que non van a pilas nin saen na TV... Se algo aprendemos este día foi que cun simple taquiño de madeira podemos facer as torres máis altas do mundo ou que cunha boina podemos facer toda una competición de tiro.
Mirade que ben o pasamos...





Pero a festa non rematou, e como preludio o día final, os xoves viñeron Los fenómenos ao cole a encher todo de música. Que ritmo teñen estes elefantes e dinosauros!!! A verdade é que somos uns danzaríns de primeira!










miércoles, 10 de junio de 2015

VISITA A MARCELLE

E por fin... Chegou o gran día!!! O día de ir de excursión a Marcelle!!! Despois de estar investigando dos animais salvaxes que íamos ver alí, por fin puidemos velos en vivo e en directo!!! Que chulo está este zoo!!! Ten de todo: cebras, lobos, linces, monos, osos, búfalos, suricatas... E aínda que o tempo non non acompañou moito, pasámolo xenial descubrindo moitas curiosidades destes animais... Mirade, mirade...