jueves, 27 de febrero de 2014

QUE COMEMOS???

Hoxe a mamá da tartaruga Antón, Alicia, que é nutricionista e dietista veu ao cole a falarnos dos alimentos, e das comidas que hai que facer para estar grandes e fortes! Fixemos entre todos unha pirámide alimentaria, na que estaban hortalizas, legumes, carne, pasta, pan, cereais, pescado, arroz, auga... e ata doces!!! Pero o que nos quedou moi clariño, e que hai que comer pescado, froita e verduriñas e deixar a tarta e as chuches só nos aniversarios e para as ocasións especiais, xa que están no cume da "montaña" e non se poden comer moito porque fan doer a barriga e poñen malos os dentes. 
A ver si coa charla de Alicia, os elefantes e dinosauros empezamos a comer ben rico, a probar de todo e a non queixarnos do que nos poñan os noso papás no prato... Xa nos contaredes se fixo efecto! 


E para rematar, darlle moitas grazas a mamá de Antón pola súa paciencia e por vir a compartir connosco este día... MOITAS GRAZAS, ALICIA!!!!

miércoles, 26 de febrero de 2014

4º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

E este ano Manolo despídese con...

O XOVES LORENZO CHEGARÁ,
E CON GAFAS DE SOL TE VERÁ.

MI MADRIÑA MANOLO,
CON ESTE LOOK COMO MOLO!!!



Pois si que molamos Manolo, tes moita razón... A ver si con este último mandadiño e todos vestidos de verán, atraemos o sol para o venres e podemos festezar o Entroido como se merece!!!

ATA O ANO QUE VEN MANOLIÑO!!!!



martes, 25 de febrero de 2014

ÚLTIMOS DETALLES PARA O ENTROIDO

Xa case chega o día da festa, e para completar o noso disfrace deixámosvos algunhas ideas para a maquillaxe da cara.
Son só ideas, cada quen pode facelo como máis lle guste.



Decatádevos de que levaremos unha diadema que cubre a fronte, polo que non ten que vir maquillada.

Para que poidamos suxeitar ben a diadema, que traian un par de pinzas ou prendedores do pelo a maiores.

Moitas grazas!! Feliz Entroido!!

3º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

Pero que guapos estabamos hoxe coas nosas bermudas!!! Isto xa está collendo certo tono "veraniego"... Pero Manolo non para aquí e este e o seu novo mandadiño...


O MÉRCORES O  SOL ESTÁ XA A QUENTAR,
TRAE UN GORRO PARA NON TE QUEIMAR
 



Pois mañá toca o gorriño para o sol...

A ver con que rematamos o xoves, Manolete!

lunes, 24 de febrero de 2014

2º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO


Que contentos ibamos hoxe a ensinarlle a Manolo as nosas camisetas!!!! Pero este esqueleto segue facendo das súas e xa tiña preparado un novo mandadiño para o martes...

AÍNDA QUE TEÑAS AS PERNAS PELUDAS,
O MARTES VIRÁS EN BERMUDAS. 





 
Así que mañá, todos con bermudas!!! A ver que nos tes preparado para o mércores, Manoliño!




viernes, 21 de febrero de 2014

1º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

Hoxe coñecemos a unha nova personaxe do cole. Chámase Manolo, e é un esqueleto que está medio tolo e que lle gusta moito a festa do Entroido. Pero non lle gusta disfrazarse solo e quere que o acompañemos cumprindo os seus mandadiños toda a semana. Os elefantes e os dinosauros, apuntámonos á festa!!! Que ben!!!

O seu primeiro mandadiño é...

AO BO TEMPO CHAMAREMOS 
SE DESTA GUISA APARECEMOS...
O LUNS VESTIRÁS UNHA CAMISETA DE VERÁN, 
SEXA TÚA O DO TEU CURMÁN!



Así que xa sabedes, o luns todos e todas con unha camiseta de verán, que Manolo pasará revisión...

Está tolo esta Manolo!!!!
A ver que nos trae para o martes....



ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

Esta semana celebramos os aniversarios de: Tomás, Abigail e Martina.
MOITAS  FELICIDADES!!!