E por fin chegou o gran día!!! A nosa primeira actuación no cole!!! Despois de tantos días de ensaio, puidemos lucirnos ante as nosas familias coas nosas mellores galas de noite... Que guapos estabamos en pixama esperando aos Reis Magos!!!
Esperamos que vos gustara o noso baile e que o pasarades tan ben como nós facéndoo. Se queredes volver a ver a nosa actuación e as dos nosos compañeir@s maiores, podedes consultar o blog de CELECOFRE (premede aquí).
Pero o día non rematou aquí... Despois do festival, tivemos unha visita moi especial: a dos Paxes Reais, que levaron as nosas cartas ás súas Maxestades. Puxémonos tan nerviosos, que algúns non puideron conter as bágoas, mais as nosas mensaxes entraron igual no buzón real e xa estarán camiño a Oriente.
E como fin de festa.... unha comilona! Turróns, gusanitos, patacas... Que rico estaba todo! Mirade como nos puxemos!
E por se non queredes aburrirvos e pasar unhas vacacións cheas de libros, aí vos deixamos estas recomendacións de Güino dende a biblioteca para disfrutar cos pequerrechos.
Se tedes algún problema para visualizalo, premede aquí
E agora só nos queda dicir.... FELICES FESTAS A TOD@S!!!!! A disfrutar moito das vacacións, elefantes e dinosauros!!! Vémonos o día 9 de xaneiro coas pilas recargadas.
Un biquiño moi forte das profes.