Seguimos mergullándonos na nosa investigación mariña, e non podiamos rematar sen investigar un pouco que é o que fan eses barcos que vemos todos os días na ponte de Pontedeume... Que pescan? Que barcos hai? Como fan os e as mariscadoras???
Puxémonos mans e camiño á obra e grazas ao papá e a mamá da dino Daniela e ao papá do dino Hugo, puidemos coñecer de preto como fan os mariscadores e mariscadoras para recoller esas ameixas e berberechos que nos gustan tanto!!!
Estes papás e mamás merecen un gran aplauso!!!!
Que duro é traballar no mar!!!
Aproveitamos para darvos as grazas por ensinarnos o voso traballo, Loreto, Mario e Roberto. Os elefantes e os dinos volveron contentísimos coa "pesca", sobre todo Hugo e Daniela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario