sábado, 19 de diciembre de 2015

OS REIS EN BICI!!!

E por fin chegou o gran día... O día de festexar por todo o alto o Nadal. E os elefantes e os dinosauros eleximos ser uns auténticos reis magos, pero uns reis especiais que abandonaron os camelos e convertíronse en ciclistas!!!! (eso si, ciclistas un pouco patosos... ). Iamos ben guapos, non si?


Se queredes ver de novo a nosa gran actuación, premede en CELECOFRE ou na web do cole e poderedes disfrutar non só do noso "meneo" senón tamén doutras actuacións de Nadal dos nosos compañeiros e compañeiras.

Pero o día non rematou aquí. Despois de darlle ao esquelete, viñeron a vernos, nada máis e nada menos que os mesmos paxes reais que levaron as nosas cartas para entregárllelas directamente aos Reis Magos!!!




E xa por último e como guinda do pastel: una gran comilona.... Como nos puxemos!!!! Esto si que é un bo comezo das vacacións!!!




Aproveitamos o blog para desexarvos a todos un BO NADAL!!! Disfrutade moito das vacacións cos elefantes e os dinos, e entrade con bo pé no novo ano. Vémonos no 2016!!!!
Unha aperta moi grande das profes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario